Servizos de Agaela

Asociación

O noso obxectivo principal é mellorar a calidade de vida das persoas con ELA, dos seus coidadores e familiares.

Banco de Produtos de Apoio
Grazas ás doazóns, actos solidarios e traballo altruísta dos nosos voluntarios, puidemos poñer en marcha un servizo de préstamo de produtos de apoio e aumentar a lista de produtos dispoñibles para os nosos socios.

  • Préstamo: Gatuíto a persoas socias de Agaela, persoas empadronadas en Culleredo en situación de dependencia e socios de Federación Alcer Galicia.
  • Doazón: Calquera persoa pode doar un produto de apoio ou prestalo temporalmente ao banco.
  • Devolución: Cando xa non necesites o teu produto de apoio, podes devolvelo para que quen o necesite poida utilizalo.

Compromiso coa hixiene dos produtos en préstamo

Co fin de garantir un servizo de calidade e seguridade aos nosos asociados, en Agaela vemos a necesidade de aplicar un protocolo de hixiene aos produtos de apoio proporcionados pola entidade, especialmente aqueles enmarcados dentro da área de aseo e coidado persoal, debido ao condicións ás que están expostos. Protocolo de hixiene
Consulta o catálogo do Banco de produtos de apoio de Agaela

 

Servizo Integral de Psicoloxía

Agaela conta cun servizo integral de psicoloxía grazas ao convenio de colaboración e de prestación de servizos asinado con Neurosaúde, no que ofrece sesións de apoio psicolóxico aos seus socios. 

Puntos crave
Grazas a este convenio os socios de Agaela só terán que aboar 10 euros por cada sesión de psicoloxía, o que supón unha tarifa significativamente reducida. Existirá a posibilidade de realizar as sesións tanto de maneira presencial como telemática, adaptándose ás necesidades de cada persoa

Dende Agaela reafirmamos  o nose compromiso de seguir ofrecendo recursos e servizos que axuden no día a día das persoas afectadas pola ELA, poñendo á vosa disposición as ferramentas necesarias.

 

Copago de Rehabilitación

En que consiste?

Esta axuda irá destinada ás persoas asociadas con ELA de Agaela e contemplará o copago dunha sesión de rehabilitación á semana. Dende Agaela queremos aumentar a nosa contribución coas persoas asociadas á nosa entidade incluíndo un ano máis o noso Copago de Rehabilitación.

Esta axuda irá destinada ás persoas asociadas con ELA de Agaela e contemplará o copago dunha sesión de rehabilitación á semana, independentemente da modalidade que elixa a persoa usuaria, podendo ser ambulatoria ou domiciliaria: fisioterapia manual ou fisioterapia respiratoria. Neste caso, Agaela asumirá un total de 15€ por sesión.

As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Persoa con diagnóstico de ELA.
  • Ser socia de Agaela e estar ao día no pago da cota (*excepto situacións de falta de recursos).

 

Taller Teórico - Práctico

Taller teórico-práctico para os coidados en enfermidades neurodexenerativas.

Agaela conta con esta formación presencial, que ten como obxectivo capacitar aos coidadores e familiares de persoas afectadas por enfermidades neurodexenerativas. As persoas que asistan aprenderán principios básicos de mobilización, técnicas seguras de transferencia e adaptacións no entorno para mellorar a calidade de vida dos pacientes. Dirixido por profesionais da saúde, o taller centrarase na prevención de lesións e na colaboración multidisciplinaria.

Obxectivos

  1. Adquirir coñecementos de ergonomía e autocoidado para previr lesións nos coidadores durante a execución de mobilizacións e transferencias.
  2. Capacitar os participantes en técnicas seguras e efectivas para a mobilización e transferencia de persoas con enfermidades neurodexenerativas
  3. Desenvolver un enfoque multidisciplinar no coidado, promovendo a colaboración entre profesionais da saúde para optimizar o manexo das necesidades dos pacientes.

A quen vai dirixido?

  • Familiares de persoas afectadas.
  • Coidadores profesionais.
  • Voluntarios ou profesinais en organización de atención á saúde.

Colaboradores

Termavi