Esta xornada, que contou coa intervención das psicólogas e traballadora social da asociación, estivo centrada no apoio emocional, o coidado integral e os recursos e dereitos dispoñibles para persoas afectadas e coidadoras.
A Deputación de Pontevedra concede a AGAELA 5.541,81 € para o programa de información, apoio e asesoramento ás persoas con ELA na provincia de Pontevedra.
A formación contou con profesionais de neuroloxía, fisioterapia, logopedia e terapia ocupacional que ofreceron unha primeira xornada centrada na comprensión da ELA e no manexo práctico no día a día.