Sanbrandan, a coñecida cadea de cafeterías e panadarías de A Coruña, volve a mostrar o seu compromiso coas persoas afectadas pola ELA. Tras tres reaperturas anteriores nas que destionou toda a recadación do día á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), este venres 28 de novembro reabrirá as súas portas na sucursal de Avenida de Oza 150, dedicando tamén esta cuarta reapertura á causa.

Ao longo do día, Sanbrandan animará a clientes e veciñanza a colaborar coa asociación adquirindo os seus produtos, como os deliciosos riquiños e riquiñas, sabendo que toda a recadación do día irá íntegramente doada a AGAELA.
Esta acción forma parte do compromiso do establecemento coa sensibilización e apoio á investigación e atención das persoas afectadas pola ELA en Galicia.
Os representantes de AGAELA estaremos presentes a partires das 12:00h para compartir informacion sobre a asociación e agradecer o apoio de toda a comunidade.

"A implicación de empresas coma Sanbrandan é fundamental para continuar ofrecendo apoio, acompañamento e servizos ás familias e persoas que conviven coa ELA."
Animámosvos a que vos unades a esta xornada solidaria, desfrutedes dun bo produto e colaboredes cunha causa que afecta a moitas familias galegas.




























