A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde de axudas económicas para o 2023 destinadas a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
A continuación sintetizamos os puntos máis importantes:
Información xeral da axuda:
- Código da axuda BS215A na sede da Xunta de Galicia
- Oficinas de rexistro para presentación en papel, tamén se pode presentar en calquera Concello galego
- A axuda pode acadar o 100% dos gastos subvencionables, cun máximo de 12.000€ por persoa beneficiaria.
- Período subvencionable de gastos: 1 de xaneiro de 2023 e o 8 de decembro de 2023
- Compatible con outras prestacións e convocatorias públicas
- Data límite para presentar a documentación xustificativa: 9 de decembro de 2023.
- Recomendan facer unha solicitude única e unha xustificacion final e única.
Requisitos das persoas beneficiarias:
- Ter cumplidos os 18 anos
- Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia
- Estar diagnosticadas de Esclerose Lateral Amiotrófica
- Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia
- En caso de falecemento: só se inclue gasto se a solicitude foi concedida antes do falecemento e cubriría gastos pagados ata a data do falecemento
Gastos subvencionables:
1. Gastos de inversión:
Poderase solicitar ata o 50% de anticipo do pago
- Adquisición de produtos de apoio para a mobilización
- Adquisición de produtos de apoio, clasificados segundo a Norma ISO 9999:2016:
- Tratamento médico personalizado
- Entrenamento e aprendizaxe de capacidades
- Mobilidade persoal
- 2ª cadeira de rodas (con certificado médico/a rehabilitador/a)
- Aseo, coidado e protección persoal
- Actividades domésticas
- Mobiliario e adaptacións para vivendas
- Comunicación e información
- 2º brazo articulado para lector ocular (con certificado médico/a rehabilitador/a)
- Manipulación de obxectos e dispositivos
- Mellora e avaliación do contorno
- Lecer e recreación
- Adquisición de produtos de hixiene e aseo persoal
- Adaptación funcional do fogar e do seu entorno (en vivenda propiedade da persoa con ELA ou con contrato de aluguer ao seu nome). Se a vivenda é propiedade de outra persoa, poderían incluirse gastos de produtos de apoio para a adaptacion, pero non a obra/instalación en si mesma.
- Adquisición de vehículo adaptado ou adaptación do mesmo
2. Gastos correntes:
Poderase solicitar ata o 80% de anticipo do pago
- Servizos asistenciais complementarios ás prestacións da Seguridade Social ou mutualidades de previsión social prestados á persoa beneficiaria por profesionais habilitados:
- Fisioterapia manual
- Fisioterapia respiratoria
- Terapia ocupacional
- Logopedia
- Psicoloxía
- Asistencia persoal/coidador profesional
- Coidador profesional: facturas a nome da persoa con ELA
- Asistente persoal: contrato mediante convenio de empregado/a do fogar
- Transporte para a asistencia a tratamentos en centros asistenciais
Gastos que non se incluirían (entre outros):
- Copagos da lei de dependencia: do servizo de axuda no fogar, de centro de día ou de residencia
- Centro residencial
- Mantemento de ascensor
- Gastos de luz ou correntes da vivenda
- Gastos de farmacia (medicamentos)
Prazo de solicitude:
- Desde o día seguinte da publicación da orde no DOG ata o 30 de novembro de 2023. Recomendamos realizar a solicitude o antes posible porque hai esgotamento de crédito.
- Deberase indicar unha estimación dos gastos previstos e o concepto ao que se destinará a axuda (en bloques indicados xa no formulario)
- A resolución de concesión notificarase no prazo máximo dun mes contado desde a entrada da solicitude no rexistro
Documentación a presentar para solicitala:
- Solicitude (Anexo I)
- Anexo complementario ao Anexo I: desglose de Axudas Solicitadas (modelo elaborado por Agaela)
- Documentación acreditativa da representación, se é o caso (modelo da Xunta de Galicia)
- Certificado ou informe médico oficial onde consta claramente o diagnóstico de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), non serve "ELA probable"
- O resto de datos consultaranse de oficio pola Administración
Tras a concesión da axuda:
- No caso de solicitar pago anticipado, cubrir o Anexo II (non é preciso cubrir “documentación que se presenta”, só o apartado de “solicita o pagamento…”)