Dende o mes de abril de 2023 contamos cun convenio de colaboración con ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.
Tras a sinatura deste convenio, os socios de AGAELA residentes na localidade Compostelá poderán recibir atención de ambas entidades e beneficiarse dos servizos proporcionados por ACEM soamente aboando a cota de socio desta última asociación.
Entre os servizos que ofrecen destacan:
- Asesoramento pola área de traballo social
- Psicoloxía clínica
- Intervencións de fisioterapia, terapia ocupacional e adestrador persoal
- Grupos de Axuda Mutua
- Actividades de lecer e tempo libre adaptadas
- Asistencia Xurídica
- Outros programas de colaboración externa: Logopedia, Banco de Produtos de Apoio e transporte adaptado
Máis información na súa páxina web: ACEM
Contacta connosco se é o teu caso, para beneficiarte e acceder aos seus servizos.