Que facemos
Representación do colectivo de persoas con ELA, familiares e coidadores para garantir os seus dereitos a nivel sociosanitario.
Sensibilización sobre a patoloxía para promover a mellora da calidade de vida das persoas afectadas de ELA.
Cubrir as necesidades de información, apoio e asesoramento das familias afectadas pola ELA.
Para materializar os nosos obxectivos, temos en marcha os seguintes servizos:
Acompañamento durante o proceso da enfermidade proporcionado por unha terapeuta ocupacional e unha traballadora social, persoal laboral de Agaela.
Inclúe as seguintes actividades:
Cesión, en concepto de préstamo gratuíto; podendo sufragar desde a entidade a compra de novos produtos (camas articuladas, grúas de traslado, cadeiras de ducha, entre moitos outros.), os gastos de envío e recollida dos produtos nos domicilios das familias e/ou os gastos de mantemento e reparación necesarios para optimizar os recursos dispoñibles e fomentar a economía circular.
Para mellorar a prestación de servizos a usuarios con ELA en función da provincia de residencia, con outras entidades sen ánimo de lucro:
• Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras enfermidades Raras – AODEMPER
• Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple – ACEM Santiago
Poderanse consultar na web de Agaela os convenios realizados para os seguintes fins:
• Para acceso a tratamentos de rehabilitación especializados a custe reducido
• Para acceso a produtos de apoio (en compra ou aluguer) a custe reducido
• Para acceso a coidados e atención residencial a custe reducido
mediante o que se proporciona axuda económica para sufragar os custes de rehabilitación fisioterapéutica en clínicas de proximidade ou no entorno domiciliario da persoa con ELA.
mediante a posta en marcha de galas solidarias, eventos deportivos ou xornadas formativas dirixidas a alumnado de centros educativos ou profesionais socio-sanitarios, entre outras.
en esta área Agaela traballa a nivel municipal, provincial, autonómico e estatal. Os seus esforzos diríxense a promover a mellora no acceso aos recursos e a calidade asistencial para as persoas con ELA no noso país; formando parte, entre outros, da Xunta Directiva do Consorcio Nacional de Entidades de ELA (ConELA).