Que facemos

Banco de Produtos de Apoio

Grazas ás doazóns, actos solidarios e traballo altruísta dos nosos voluntarios, puidemos poñer en marcha un servizo de préstamo de produtos de apoio e aumentar a lista de produtos dispoñibles para os nosos socios.

Préstamo

Préstamo gratuíto a persoas socias de Agaela, persoas empadronadas en Culleredo en situación de dependencia e socios de Federación Alcer Galicia.

Solicitar

Doazón

Calquera persoa pode doar un produto de apoio ou prestalo temporalmente ao banco.

Doar

Devolución

Cando xa non necesites o teu produto de apoio, podes devolvelo para que quen o necesite poida utilizalo.

Devolver

Compromiso coa hixiene dos produtos en préstamo.

Co fin de garantir un servizo de calidade e seguridade aos nosos asociados, en Agaela vemos a necesidade de aplicar un protocolo de hixiene aos produtos de apoio proporcionados pola entidade, especialmente aqueles enmarcados dentro da área de aseo e coidado persoal, debido ao condicións ás que están expostos.

Protocolo de hixiene

 

Polo momento, para consultar os produtos de noso banco deberás acceder desde aquí: 

 

Colaboradores

Termavi