Agaela conta cun servizo integral de psicoloxía grazas ao convenio de colaboración e de prestación de servizos asinado con Neurosaúde, no que ofrece sesións de apoio psicolóxico aos seus socios.
Puntos crave:
Grazas a este convenio os socios de Agaela só terán que aboar 10 euros por cada sesión de psicoloxía, o que supón unha tarifa significativamente reducida. Existirá a posibilidade de realizar as sesións tanto de maneira presencial como telemática, adaptándose ás necesidades de cada persoa
Dende Agaela reafirmamos o nose compromiso de seguir ofrecendo recursos e servizos que axuden no día a día das persoas afectadas pola ELA, poñendo á vosa disposición as ferramentas necesarias.
Para máis información sobre este servizo e como acceder a el, contactar directamente coa asociación vía email info@agaela.es ou teléfono 660 53 22 98.