Dende AGAELA queremos compartir unha boa nova, o noso esforzo diario por mellorar o benestar das persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) recibe este ano un novo impulso da Diputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra confirmou a concesión dunha subvención de 6.110,73€ a AGAELA. Esta contía, integrada na convocatoria de axudas sociais de 2026 para entidades sen ánimo de lucro, destinarase integramente a soster o noso Programa de información, apoio e asesoramento.
Que conseguimos grazas a este impulso?
Esta axuda tradúcese en recursos directos para quen máis o necesita.
Permítenos ofrecer:
- Acompañamento integral, orientación personalizada e información actualizada sobre a evolución da enfermidade.
- Apoio e asesoramento social para axudar ás familias a tramitar axudas e servizos.
- Guía de recursos para afrontar con maior seguridade e dignidade cada etapa do proceso.
Esta resolución supón unha validación técnica ao modelo de xestión e intervención que AGAELA desenvolve no territorio, garantindo unha cobertura especializada, accesible e de proximidade no ámbito provincial.
Dende AGAELA expresamos o noso recoñecemento e agradecdemento á Deputación de Pontevedra polo seu firme compromiso coa sustentabilidade do terceiro sector e pola confianza depositada, un ano máis, na nosa capacidade operativa. Esta cooperación resulta indispensable para consolidar unha estrutura de protección social eficiente e de calidade para o colectivo da ELA.




























