XII Travesía Solidaria a nado pola ELA "Memorial Fran Otero"

Eventos

Tras o éxito de pasadas edicións, a travesía solidaria a nado pola ELA xa se convertiu nunha cita ineludible no calendario de actividades solidarias da cidade herculina. Tanto é así que o pasado domingo 12 de xaneiro volveron as brazadas solidarias ó Parrote.

O evento, solidario e non competitivo, estaba programado para o pasado 5 de xaneiro pero, debido ás condicións meteorólicas, tivemos que aplazalo e foi todo un acerto por que o bo tempo acompañounos durante toda a xornada. 

Non podemos facer outra cousa máis que darvos as grazas a quenes colaborastedes e nos acompañastedes, dunha maneira ou doutra, nesta edición. Todos e cada un de vós fostedes fundamentais no éxito do evento. 

Especialmente queremos agraderlle unha vez máis a Travesía Costa e ao Clube Hércules Termaria, pois sen eles este evento non tería sido posible. E un enorme agradecemento á nosa speaker Gemola por amenizarnos a mañá coa súa simpatía e enerxía.

Grazas a Cruz Vermella que nos acompañou por terra e tamén por mar, ao igual que a Asociación de búsqueda e salvamento de Galicia e Marina Coruña; grazas a Gadis, Bonilla a la vista, Corporación Hijos de Rivera, Confitería Mari, Cabreiroá, NH Finisterre, Idilia Foods e ao Grupo Coca-Cola pola doazón de alimentos e bebidas para o avituallamento; grazas tamén a Duacode, El Corte Inglés de Ramón y Cajal, Ozona Consulting,O Remanso de Trasfontao, Mahalo Poké e Termaria Casa del Auga polos agasallos para o sorteo. Por último, e non por iso menos importante, grazas ó Metropolitan La Solana por subministrarnos a electricidade necesaria.

Grazas tamén á Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, á Directora Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Mar Ferreiro, á Responsable de Política Social, Educación e Mocidade da Deputación de Coruña, Mº del Mar García, e á Deputada por Coruña no Congreso, Obdulia Taboadela, por mostrarnos o seu apoio acompañándonos na xornada. 



Sen olvidarnos de todas aquelas persoas voluntarias que quixeron arrimar o ombreiro e se achegaron con toda a boa vontade de axudarnos ¡xa sodes parte do noso equipo!

Foron 172 as persoas inscritas na travesía polo que recaudamos 1.665€, 410€ recaudados coa Fila 0 ao longo de todo o circuito 2024 de Travesía Costa (incluido o recaudado para a XII Travesía Solidaria), vendemos 326 rifas a 1€, recaudamos 159,70€ no noso posto solidario e a Fundación San Rafael doounos 1.000€. Polo tanto a recaudación ascende a un total de 3.560,7€.

Este diñeiro será destinado íntegramente ao copago de servizos de rehabilitación das persoas afectadas pola ELA en Galicia.

¡Grazas pola vosa colaboración e compromiso!

Galería de imaxes da XII Travesía Solidaria a nado pola ELA "Memorial Fran Otero"

 

 

Colaboradores