O vindeiro 5 de xaneiro de 2019, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrofica - AGAELA, coa colaboración do Clube de Natación Liceo, organiza a VIII Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA - Memorial Fran Otero. As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno). Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes. [su_button url="http://agaela.es/inscripcions-viii-travesia-solidaria-pola-ela-memorial-fran-otero/" target="blank" background="#b72def" size="10" center="yes" radius="round" icon="icon: pencil-square-o"]Realizar Inscrición[/su_button]
*Pode consultar o listado de inscritos desde aquí.
Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela [su_youtube url=" width="340" height="320" autoplay="yes"][su_youtube url="https://youtu.be/GwrELQgt-L4"][/su_youtube] O ano pasado máis de 200 personas molláronse pola ELA nas frías augas invernais do mar da Coruña. Este ano queremos repetir e que se escoite aínda máis a voz dos afectados por esta devastadora enfermidade. Cartel do evento Día: 5 de Xaneiro de 2019 Hora de saída: 11:00 (Pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas) Inscrición: Realizar inscrición Donativo de inscrición: 6 €. Se non pode asistir, tamén pode colaborar coa "Brazada Cero" desde aquí. Recollida de dorsais: o día 5 de xaneiro nas instalacións do Real Clube Náutico da Coruña ata 1 hora antes do comezo da proba. O EVENTO Ao rematar a proba haberá chocolate quente para todos os participantes, bebidas e algo para petiscar. Premios:- Trofeos para os gañadores das diversas categorías, para o participante máis veterano e o máis novo.
- 2 neoprenos Nabaiji de Augas Abertas (un feminino e outro masculino), cortesía de Decathlon Coruña.
- 4 caixas Crep de MegaJump: cada caixa contén unha hora de xogo para dúas persoas e uns calcetíns.
- Unha cesta de Nadal cortesía de Sport Café Coruña.
Percorrido con ou sen neopreno. 400 metros
Percorrido con neopreno. 1.000 metros
INSCRIPCIÓN [su_button url="http://agaela.es/inscripcions-viii-travesia-solidaria-pola-ela-memorial-fran-otero/" target="blank" background="#b72def" size="10" center="yes" radius="round" icon="icon: pencil-square-o"]Realizar Inscrición[/su_button] ORGANIZAN [su_spacer size="30"] [su_spacer size="50"] COLABORAN [su_spacer size="30"] [su_spacer size="50"]