O pasado 10 de xullo celebrouse o BUMMER FEST, unha iniciativa solidaria impulsada por un grupo de amigos da universidade que decidiu transformar unha reunión de verán nunha oportunidade para apoiar ás persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
Baixo o lema "Verán, amigos, cervexas e solidariedade", o evento reuniu a numerosas persoas nun ambiente cheo de música en directo, DJ, gastronomía e, sobre todo, compromiso cunha boa causa.
Desde AGAELA queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ás persoas organizadoras por pensar na nosa entidade e dedicar o seu tempo, esforzo e ilusión a facer posible unha iniciativa tan especial. Tamén queremos dar as grazas a todas as persoas asistentes, colaboradoras e empresas que contribuíron para que esta xornada fose un éxito.
Grazas á solidariedade de todas elas, recadáronse 3.048€, unha achega que permitirá continuar ofrecendo atención, apoio e servizos especializados ás persoas que conviven coa ELA e ás súas familias en Galicia.

Este tipo de iniciativas demostran que a solidaridade pode xurdir de calquera lugar e que, cando a sociedade se implica, é posible seguir avanzando para mellorar a calidade de vida das persoas que conviven cada día con esta enfermidade.
Grazas por converter a amizade en esperanza.




























