Agaela necesita o teu voto. Precisamos que nos axudes a manter o noso programa Servicio integral de psicología para personas con ELA y sus cuidadores principales.
Necesitamos o teu apoio
Como votar?
- Accede á web Lavozdelpaciente
- Á dereita, fai clic no botón VOTAR.
- Introduce o teu número de teléfono móbil.
- Confirma de novo o teléfono introducido.
- Recibirás un SMS cun código que deberás incluír na pantalla para que o voto quede contabilizado.
- Parabéns! O teu voto rexistrouse correctamente.
La voz del paciente é unha iniciativa solidaria que Cinfa organiza co obxectivo de dar visibilidade e apoio económico ás asociacións de pacientes do noso país, que realizan un labor fundamental de apoio aos pacientes e ás súas familias.
As 100 asociacións que obteñan máis apoios na votación popular, que terá lugar entre o 24 de abril e o 15 de maio na páxina web de Cinfa, serán seleccionadas para recibir achegas de 2.500 euros cada unha. Esta axuda servirá para dar continuidade o proxecto de psicoloxía.
Foto: ffluzon.org