Gala "4 elements" pola ELA

Eventos

O vindeiro 3 de abril de 2016, o auditorio Agora de Coruña acollerá a primeira gala solidaria Presto Vivace a favor de AGAELA. Esta gala na que colabora o Concello da Coruña e que está dirixida e producida por Cristina Goás,  directora da academia de baile Presto Vivace, supón o colofón a máis de 21 anos de dedicación á música e á danza. A gala que leva por nome "4 elements" é un espectáculo creativo de videodanza e música producido por 17 bailaríns que forman parte da compañía Presto Vivace. Nesta ocasión estarán dirixidos pola súa directora artística "Alba Fernández" e contará con magníficos profesionais de diferentes eidos das artes escénicas como Carlos Sante, Juanillo Esteban, Susana Moreno De Salvador, e xeniais músicos e cantantes que formar parte da equipa de Presto Vivace. Na gala teremos a ocasión de desfrutar tamén das espectaculares coreografías da "Joven Compañía de Presto Vivace, da EMMB de Cerceda, da compañía Live The Music School e o grupo de danza Angelina Oriental Troupe. Este será sen dúbida un estreno único e unha produción inédita, especial e máxica, dirixida a todos os públicos e por unha moi boa causa: a loita contra a ELA. Estamos seguros de que esta gala sorprenderá polo seu dinamismo e calidade dos seus artistas, así como polos seus presentadores que farán as delicias do público asistente. O prezo das entradas é de 9 € e o recadado será doado a AGAELA. Se queres asistir a este evento podes mercar as túas entradas aquí. Trailer 4 Elements

Colaboradores

Termavi