XLII Trofeo Manolo Martín
O 10 de agosto celebrouse no campo de Baltar de Portonovo unha nova edición do Trofeo Manolo Martín. No evento, a representación de Adela CV foi feita polo seu presidente, Pepe Jiménez, mentres que Agaela estivo presente a través da súa Xunta Directiva.
O partido entre os veteranos do Deportivo e o Celta comezou co saque de honra realizado por Pepe Jiménez, finalizou 1-1, e resolveuse na quenda de penaltis a favor do Celta. Todos os fondos recadados neste evento serán destinados a ConELA.
Dende Agaela queremos dar as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta acción, que achegaron solidariedade desde a fila 0 , e sobre todo a nosa usuaria Olga que fixo o esforzo de asistir presencialmente, mil gracias de corazón!