Crónica "III Urban Trail Polígono de Bergondo"

Eventos

O pasado sábado 7 de outubro, a comunidade de propietarios do Polígono de Bergondo levou a cabo con gran éxito o seu terceiro URBAN TRAIL, un evento que non só promove o espírito deportivo, senón que tamén promove as accións sociais. 

O Polígono de Bergondo encheuse de entusiasmo e enerxía. Corredores de todas as idade reuníronse para participar nos diversos circuitos preparados para eles. Un día cheo de emoción, solidariedade e moita calor, na cal tanto participantes como organizadores se uniron para sumar o seu grao de area en favor de todas aquelas persoas con ELA da comunidade galega.

 

Agradecemento especial á organización polo seu traballo, adicación e pola súa doazón. Un total de 2934€ que van directos a mellorar a calidade de vida dos e das nosas usuarias.  

Gracias a todos os que fixeron posible este evento

e recordade que...

 

 

Colaboradores

Termavi