Crónica "24 horas pedaleando pola ELA"

Eventos

A pasada fin de semana, o Concello de Muros foi testemuño dun evento solidario que resultou ser todo un éxito, cheo de emoción e solidariedade. A comunidade uníuse nun esforzo conxunto para recadar fondos e visibilizar a ELA.

Desde o primeiro día sentímonos acollidos pola poboación local, participantes e voluntarios cuxo apoio foi fundamental para que este evento fose posible, ao igual que o resto de municipios colindantes e patrocinadores

Pero hai un grupo que merece un recoñecemento especial, os nosos compañeiros de DalecandELA. O seu espírito de superación e o seu sorriso en medio de desafíos extraordinarios son unha inspiración para todos nós. 

Por outro lado, tamén agradecer ao equipo de ciclistas de Bermeoko Ziklistek que nos emocionou a todos ao pedalear incansablemente durante as 24 horas en apoio á loita contra a ELA. A súa dedicación e determinación son un exemplo.

 

Agradecemos a todos os participantes, voluntarios, patrocinadores, colaboradores, municipios colindantes e en especial ao Concello de Muros, por facer posible este marabilloso encontro solidario, no cal se recadaron máis de 7.000€.

 

Seguiremos traballando xuntos para contribuír a investigar e mellorar a calidade de vida das persoas con ELA.

 

 

Ata a próxima!

 

Colaboradores

Termavi