O vindeiro 7 de xaneiro de 2023, a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica – AGAELA, celebra logo de 2 anos sen poder realizala, a súa xa tradicional: X Travesía Solidaria pola ELA – Memorial Fran Otero.
Nesta ocasión, imos da man do Club Hércules - Termaria e de Proxecto Enki - Fundación Abrente, que nos apoian na organización do evento:
Detalles do evento:
Día: 7 de Xaneiro de 2023
Hora de saída: 10.30 h (pendente de confirmación. Suxeito ao calendario de mareas)
Lugar: Escuela de Vela - Real Club Náutico da Coruña. Ánimas, 1, A Coruña (ubicación)
Información e inscricións: https://agaela.es/x-travesia-solidaria-pola-ela/
Organizadores