¡Aberto o prazo de solicitude para o VI Copago de Rehabilitación!
O VI Copago de Rehabilitación de AgaELA, que se desenvolverá dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2025, sufragará a cada persoa beneficiaria 15€ do custe dunha sesión semanal de rehabilitación.
Requisitos das persoas beneficiarias:
- Estar diagnosticada de ELA.
- Ser socia de AgaELA.
- Estar ao día no pago da cota anual de persoas socias (excepto situacións de falta recursos).
Criterios de selección que se terán en conta no caso de ter máis persoas solicitantes que prazas dispoñibles:
- O nivel de ingresos da unidade familiar.
- Condicións sociosanitarias (grado de dependencia e discapacidade).
- Que a persoa solicitante ou a familiar asuma íntegramente o custo das sesións de rehabilitación.
- Que a persoa sexa beneficiaria de axudas para a rehabilitación mediante FEGEREC, ADELA ou outras entidades.
- Que a persoa xa fose beneficiaria do Copago de Rehabilitación de AgaELA en edicións anteriores.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Notificar a AgaELA cando non se realicen sesións de rehabilitación no mes en curso.
- Asegurar a entrega das facturas orixinais emitidas polo profesional/centro a AgaELA mensualmente antes do día 7 do mes seguinte.
Informamos que:
- Non se aboarán as facturas recibidas fóra do prazo indicado.
- AgaELA resérvase o dereito de excluír ás clínicas que non cumpran os prazos de entrega das facturas correctamente presentadas.
- As persoas usuarias que non comuniquen a súa ausencia ás sesións de rehabilitación poderán ser penalizadas coa suspensión do copago durante a actual convocatoria.
¿Como funciona o copago?
Unha vez seleccionadas as persoas beneficiarias do programa, as clínicas, centros ou profesionais encargaránse de remitir ao correo info@agaela.es as facturas orixinais por importe de 15€ de cada sesión.
As facturas deberán indicar o seguinte:
- Expresar os datos do pagador: AGAELA Galicia, Avda. Vilaboa, 52, 5ºF. - 15174 Culleredo, A Coruña. CIF: G-70217500.
- Descrición do obxecto de gasto: "[nº] de sesións de [servizo] do período [mes] de 2025.
- Prezo total e IVA repercutido. Cando o prezo inclúa este imposto constará "IVA incluído". Cando unha factura estea exenta de IVA, expresará "Exento de IVA" e especificará o artigo que da dereito a tal exención.
- Cantidade retida por IRPF (no caso de profesionais indepentendes é obrigatorio).
É importante que nas facturas non consten os datos de carácter persoal, é dicir, nome e apelidos da persoa beneficiaria, só as súas iniciais.
Dende AgaELA comprometémonos a facer o pagamento directamente ó centro, clínica ou profesional de 15€ de cada sesión semanal por cada unha das persoas beneficiarias do VI Copago de Rehabilitación.
O formulario de solicitude estará aberto dende o mércores 5 ata o mércores 12 de febreiro de 2025 (ambos inclusive).
Se precisas máis información, non dubides en contactarnos no teléfono +34 660 53 22 98 ou a través do correo electrónico info@agaela.es.