Teleasistencia avanzada

Artigos

Unha das novidades reflexadas no último Boletín do Ministerio de Sanidad, Servicios sociais e Igualdade, publicado o 15 de febreiro do 2018, é a teleasistencia avanzada. Este servizo de teleasistencia ten como obxetivo garantizar a atención das persoas en situación de dependencia as 24 horas do día e os 365 días do ano. Beneficiarios: Poderán beneficiarse desta prestación as persoas que teñan recoñecido o grao de dependencia I e que no  Programa Individual de Atención lle asignaran esta prestación. Esta asistencia é compatible coas demáis prestacións excepto coa atención residencial e a prestación económica vinculada a dito servizo.Características do servizo:  As principais características desta prestación son que, ademáis de incluir tódolos servizos da teleasistencia básica que a persoa precise, ofrece apoios tecnolóxicos dentro ou fóra do domicilio así como interconexión cos servizos de información e profesionais de referencia. Os servizos prestados na teleasistencia avanzada están dirixidos a detectar situacións de risco como poden ser fugas de gas, auga, caídas, convulsións, etc. dentro do domicilio. Ademáis, unha das novidades é que tamén contan coa asistencia fóra do domicilio mediante o servizo de teleasistencia móbil con xeolocalización para detectar situacións de risco ou emerxencia. Outra parte deste servizo está dirixido a teleconsultas cos servizos sanitarios que ofertan programas de telediagnóstico, teleconsulta sanitaria e tele-estimulasción cognitiva, entre outros. Por outra banda, tamén conta con programas de atención integral como poden ser programas de atención psicosocial, promoción do Envellecemento Activo e Saudable, teleasistencia como Apoio ao coidador ou protocolos especiais no caso de situacións de duelo ou de prevención do maltrato, suicidio, etc. Para máis información, podedes consultar o Boletín no seguinte enlace: Resolución de 15 de enero de 2018

Colaboradores

Termavi