Sabes que tes o dereito de que non che corten a luz se dependes dun respirador?
Este é un recurso gratuito lexislado do que te podes beneficiar se tes un equipo médico que precisa da enerxía eléctrica. Nesta situación
non poderán cortar o suministro eléctrico de ningunha maneira debido a que a electricidade mantén con vida a unha persoa como son as persoas ventilo-dependentes.
Para acceder a este recurso soamente deberedes falar coa vosa compañía eléctrica e entregar a información que se vos indica a continuación.
➡️ Cómo podes tramitalo?
Nalgunhas compañías eléctricas pódese facer de maneira online debido a situación do Covid achegando a seguinte información:
- Certificado médico vixente que confirme a existencia no punto de suministro dun aparato eléctrico indispensable para manter con vida a unha persoa.
- Certificado de empadroamento que acredite que a persoa á que está destinado o equipo médico reside en dito punto de suministro.
? Ligazóns das compañías eléctricas
NATURGY IBERDROLA