Reunión no Parlamento de Galicia

Artigos Asociación

A petición do Partido Socialista Galego o pasado 14 de outubro celebrouse unha reunión no Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, coa presenza de José Ramón Gómez Besteiro.

Durante o encontro, puido escoitar de primeira man as necesidades e preocupacións das persoas afectadas pola ELA. Queremos agradecer especialmente aos nosos socios e socias polo seu esforzo e compromiso ao asistir, o que permitiu trasladar as súas demandas de maneira directa e nunha contorna institucional próxima.

En AGAELA seguimos traballando para mellorar o benestar e a calidade de vida de todas as persoas afectadas. Agardamos que as súas voces sexan escoitadas e as súas necesidades atendidas.

Colaboradores

Termavi