Mércores 6 de novembro
Congratulándose pola recente aprobación da Lei ELA, o presidente Alfonso Rueda e a Consellería de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reciben á Asociación Galega de Esclerosis Lateral Amiotrófica (Agaela).
Agaela puido transmitir á Xunta as expectativas que a lei xenerou no colectivo ELA e aposta por seguir traballando xunto coa administración autonómica para conseguir que os dereitos que a lei recoñece cheguen a cada persoa afectada en Galicia.