Reto22Hypermotion

Artigos

O martes 28 de maio en Ferrol da man de Pablo Bacoriño e Raúl Villares naceu #Reto22HypermotionO proxecto consistía nunha poxa solidaria de camisetas asignadas da Liga Hypermotion en beneficio a Agaela.

No acto de presentación do evento tivo lugar unha poxa presencial de dúas camisetas. A primeira das camisetas era unha do Racing Club Ferrol a cal foi poxada en 200 €. A segunda das camiseta foi a do exxogador ferrolán Carlos Vicente. A poxa desta última chegou aos 2100€.

Un total de 26 camisetas poxáronse en liña ata o pasado 14 de xuño.
A recadación final ascendeu ata os 5.860€ 

Dende AGAELA estamos eternamente agradecidos aos organizadores deste evento, ao Racing de Ferrol e a todas as persoas doantes, o seu esforzo, a súa dedicación, a súa implicación e a súa xenerosidade.

Colaboradores

Termavi