
A constructora viguesa Lapatian levou a cabo durante o ano 2017 o proxecto
“Reformas Solidarias” que ten como principal obxectivo a
adaptación funcional e a eliminación das barreiras arquitectónicas que dificultan o día a día de persoas con movilidade reducida e que ademáis carecen de medios económica. O pasado ano realizaron cinco adaptacións do fogar a familias socias de ASEM Galicia e APAMP na provincia de Pontevedra a
custo cero. Aquí podedes acceder a máis información sobre as reformas realizadas:
Reformas Solidarias 2017
Durante o
2018 o proxecto seguirá en marcha e o obxectivo é extender o proxecto a toda a comunidade autónoma galega e aumentar o número de beneficiaros, feito que posibilita que
AGAELA forme parte deste proxecto e se abra a
convocatoria de solicitudes para os nosos socios.
Para acollerse a esta convocatoria é preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Ter diagnosticada Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA)
- Solicitar a AGAELA a inclusión neste servizo segundo o formulario de solicitude.
- Residir na comunidade autónoma de Galicia.
- Ser propietario da vivenda na que se realizará a obra ou, no caso de aluguer, contar coa autorización por escrito do propietario e o compromiso de ambos (inquilino e propietario) de permanecer na vivenda ao menos un ano.
No caso de ter máis solicitantes que prazas dispoñibles teránse en conta os seguintes criterios de selección:
- Nivel de ingresos da unidade familiar
- Condicións sociosanitarias: grao de discapacidade, dependencia…
- Número de residentes na vivenda
O
prazo de solicitude está aberto dende o
mércores 17 ata o xoves 25 de xaneiro de 2018.
Debedes remitir o
formulario de solicitude normalizado ao correo:
info@agaela.es