Imaxe de Rapa. MOVISTAR+
A terceira e derradeira tempada de 'Rapa', un dos grandes éxitos recentes da televisión, estréase este xoves 12 de setembro en Movistar Plus+. Este thriller, que transcorre no norte da provincia da Coruña, na comarca de Ferrolterra, trata diversos temas, mais no fondo narra a historia dunha amizade singular marcada pola ELA.
Agaela colaborou desde a primeira tempada da serie, asesorando e permitindo o uso de material propio (produtos de apoio).
Sinopse: Serra da Capelada, en Galicia. Unha terra antiga, de altos cantís sobre o mar, onde os cabalos viven libres. Salvo un día: o de "rapa das bestas". Unha tradición que sintetiza o belo e o salvaxe dun territorio polo xeral tranquilo, pero que resulta ser agora o escenario dun crime. Buscar ao asasino de Amparo Seoane, a alcaldesa da localidade, será o obxectivo común de Tomás, un profesor frustrado, e de Maite, unha sarxento da garda civil.