Estimados socios e compañeiros, finalizamos o 2022 presentando a memoria anual de actividades realizadas pola Asociación Agaela.
O 2022 foi un ano ilusionante para todas as persoas que conformamos a Asociación, cheo de boas novas pero tamén, de moitas perdas.
Non é sinxelo celebrar os logros acadados: melloras na atención sociosanitaria, apoio de institucións e incremento dos recursos; mentres que vemos como moitos dos nosos compañeiros de loita xa non están ao noso carón para celebrar connosco.
Tentamos conxugar no noso quefacer diario a positividade, o traballo rigoroso e a empatía; fontes que cremos que son a clave para acadar a sostenibilidade como entidade.
Un ano máis, seguimos da man de todos os nosos asociados, persoas colaboradoras, entidades públicas e privadas que nos acompañan en cada paso que damos na loita contra a ELA.
Mentres non atopemos unha cura para esta enfermidade, seguiremos traballado xuntos, con responsabilidade e rigor, para mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.
Recibide un cordial saúdo,
Joaquina Martínez Pintos
Presidenta de AGAELA
Consulta a Memoria Anual de AGAELA 2022
Que fixemos en AGAELA durante 2022 ?
26 Xan 2023