Proxecto VivELA digna ​| Vivir a ELA con dignidade

Artigos Asociación
Na nosa misión por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola ELA, decidimos ir un paso máis alá nas nosas intervencións e comezamos a desenvolver este proxecto, que agora ve a luz, para coñecer en profundidade as necesidades, desexos e preferencias das persoas con ELA, así como a realidade do seu entorno cercano, familiares e persoas coidadoras.

VivELA digna é un proxecto de atención integral que busca a mellora en todos os ámbitos da calidade de vida e do benestar das persoas afectadas pola ELA, partindo do respeto pleno á súa dignidade e dereitos, dos seus intereses e preferencias e contando sempre coa súa participación.

O noso principal obxectivo é dar resposta ás necesidades que xurden a medida que a enfermidade avanza e ofrecer servizos de valoración, orientación, asesoramento e apoio integral en todas as fases do proceso.

¿Como o facemos?

Achegámonos á contorna de cada persoa con ELA.
Coñecemos e valoramos as necesidades actuais.
Buscamos solucións eficaces ós problemas detectados.
Facemos un seguimento personalizado das súas necesidades.
Ofrecémoslle apoio integral (orientación, apoio psico-emocional, asesoramento...)

¿Quen é o equipo?
Eles son Fran e Irene, Educador Social e Sociosanitaria, que xuntos forman un equipo compremetido co proxecto e son os encargados de realizar as visitas domiciliarias e as intervencións necesarias para solventar os problemas atopados en cada vivenda.

"Estamos moi satisfeitos coas primeiras visitas domiciliarias. Cada encontro está sendo unha oportunidade invaluable para escoitar de primeira man as inquietudes e necesidades de quenes conviven coa ELA.

Este contacto directo non so nos permite comprender mellor a realidade de cada persoa senon que tamén fortalece o noso compromiso por ofrecer solucións efectivas. Ver a esperanza e a gratitude nas súas caras é un recordatorio constante de que a nosa labor vai máis alá de brindar asistencia, trátase de empoderar ás persoas para que vivan a súa enfermidade con dignidade e calidade de vida. 

A conexión humana establecida en cada visita é o motor que impulsa o noso traballo e reafirma a nosa misión."

 

Buscamos marcar unha diferenza significativa na vida das persoas afectadas pola ELA planificando intervencións que se levarán a cabo no seu domicilio e entorno cercano, co fin de acompañar e brindar o apoio necesario para ofrecerlle solucións eficaces e personalizadas.

Se ti ou alguén cercano está nesta situación, estamos aquí para axudarche.

Por que cada historia é única e cada vida merece ser vivida con dignidade. 

Colaboradores