Provincia + inclusiva 2025

Artigos Asociación

Concesión de subvención para reforzar a accesibilidade e o apoio ás persoas con ELA 

O pasado ano, a nosa asociación recibiu unha subvención no marco do programa “Provincia + Inclusiva 2025”, impulsado pola Deputación da Coruña, dirixido a entidades sen fins de lucro para a promoción da accesibilidade universal.

Esta axuda, cun importe de 5.833,24 euros, destinouse á adquisición de axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal, co obxectivo de seguir mellorando os servizos que ofrecemos ás persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

En concreto, permitiu reforzar e ampliar o noso Banco de Produtos de Apoio, un servizo gratuíto que, ao longo do tempo, se consolidou como unha ferramenta clave para mellorar a calidade de vida das persoas con ELA e das súas familias en Galicia.

Grazas a este tipo de iniciativas, podemos continuar avanzando cara a unha sociedade máis inclusiva, garantindo que as persoas que conviven coa ELA conten con recursos axeitados para o seu día a día.

Queremos agradecer á Deputación de Pontevedra o seu compromiso coa accesibilidade e co benestar social.

Colaboradores