Un ano máis, a Deputación da Pontevedra, por medio da Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia de Pontevedra no ano 2022, permítenos proporcionar o programa de:
Información, apoio e asesoramento a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadores e familiares, da provincia de Pontevedra
O obxectivo deste programa é mellor a calidade de vida das persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica, residentes na Provincia de Pontevedra, ofrecendo un servizo de orientación, apoio e asesoramento aos usuarios, aos seus coidadores e familiares.Para iso establecéronse os seguintes obxectivos específicos:
- Asesorar sobre as necesidades vinculadas ás diferentes fases da enfermidade e dar acceso aos recursos público/privados dispoñibles.
- Manter o mellor grao de autonomía persoal posible e diminuír a dependencia dunha terceira persoa.
- Diminuír a sobrecarga do coidador principal.
- Dar soporte e apoio aos familiares e coidadores no proceso de evolución da enfermidade.
- Garantir a continuidade e seguimento do programa cos adecuados criterios de calidade.
As tarefas a realizar enmarcadas no proxecto foron as seguintes:
- Valoración inicial de necesidades dos usuarios
- Orientación sobre o proceso da ELA
- Asesoramento sobre trámites sociais
- Asesoramento sobre o uso e adquisición de produtos de apoio
- Asesoramento sobre accesibilidade e adaptación do fogar
- Orientación no uso de dispositivos de apoio para a comunicación
- Asesoramento sobre hixiene postural e técnicas de conservación da enerxía na realización de mobilizacións e transferencias
- Apoio psico-emocional e escoita activa para fomentar a descarga do coidador
- Reavaliación e seguimento individualizado das necesidades
A Deputación da Pontevedra condeceu á Asociación AGAELA a cantidade de 4.315,35€ para financiar parte do programa de información, apoio e asesoramento a persoas afectadas de ELA de Pontevedra.