Pleno de aprobación da Lei ELA no Cogreso dos Deputados

Artigos Eventos Asociación

O próximo xoves 10 de outubro terá lugar O Pleno de aprobación da Lei ELA no Congreso dos Deputados. Este é un momento histórico e de vital importancia para todas as persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica, as súas familias e profesionais implicados. A aprobación desta lei representa un gran avance nos dereitos e na mellora da calidade de vida da comunidade ELA en España.

Se queres participar, envía un email a info@conela.org cos seguintes datos:

  • Nome
  • Apelidos
  • DNI
  • Teléfono
  • Indicar se son persaos afectadas, coidadoras ou profesionais
  • Indicar necesidades específicas

Hora: 11:00 AM

Lugar: Tribuna e Sala do Constitucional 

Aviso importante:

Dado que o hemiciclo é un edificio do século XIX e non está adaptado, o acceso para persoas en cadeira de rodas é moi limitado. Por este motivo, os asentos na tribuna estarán reservados para aquelas entidades e persoas que poidan acceder subindo escaleiras. Se algunhas das persoas afectadas poden acceder sen a cadeira de rodas, pregámoslles que nos informen para facilitar o acceso ao hemiciclo. Ademais, Juan Carlos Unzué ofrecerá unha rolda de prensa na Sala ConstitucionalA capacidade desta sala é de aproximadamente 130 persoas e desde alí poderase seguir o evento en directo.

Queremos animar a todas as persoas e socias e colaboradoras a participar activamente neste momento tan significativo. É unha oportunidade única para apoiar e ser parte deste momento crucial para o noso colectivo.

Colaboradores

Termavi