Olga na Carreira Popular de San Martiño

Eventos Asociación

O 10 de novembro celebrouse en Ourense a Carreira Popular de San Martiño e un ano máis a nosa compañeira Olga volveu a cruzar a liña de meta coa súa misión, dar visibilidade á ELA.

A Carreira de San Martiño ofrece unha modalidade accesible para que todas as persoas poidan participar e gozar do evento.


Por suposto, estivemos alí para apoiar e participar nunha xornada dedicada ao fomento do deporte e á inclusión, na que seguimos traballando para aumentar a conciencia na comunidade sobre esta enfermidade.

Desde Agaela queremos agradecer a todas as persoas que amosaron o seu apoio, participaron e se achegaron ao noso stand. Cada pequeno xesto conta nesta causa solidaria.

Mil gracias!

Colaboradores

Termavi