
Un gran paso...
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuníase na mañá de onte con membros de AGAELA e da Fundación Francisco Luzón para comunicarnos que xa se poden facer efectivas as prestacións de
lectores oculares
a pacientes de ELA.

Trátase dun gran paso para facilitar a comunicación dos nosos usuarios, a súa autonomía persoal e independencia, mantendo a súa capacidade de decisión en todas as fases da enfermidade.
Será cada área sanitaria a que xestionará a centralización das demandas asistenciais que precisen ser atendidas.