Novo convenio RSC con Termavi

Artigos Asociación

NOVO CONVENIO RSC CON TERMAVI 

A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AGAELA asinou un novo convenio de colaboración co grupo Davila, a través de Termavi, no marco das accións de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do ano 2024. Este convenio ten como obxectivo principal a mellora da calidade de vida das persoas afectadas pola ELA, así como o apoio aos seus familiares e o seu entorno social.


A colaboración de Termavi centrarase en dúas áreas fundamentais: a visibilización da enfermidade e a atención psicosocial dos enfermos de ELA. Grazas a este apoio, AGAELA poderá continuar coa súa labor de sensibilización sobre a Esclerose Lateral Amiotrófica e proporcionar un apoio integral ás persoas que conviven con esta enfermidade.

Durante a formalización do convenio, tivemos a oportunidade de compartir a nosa realidade e as nosas necesidades co director de Termavi, Tomás Palacios. A Vicepresidenta de AGAELA, Susi Seoane, destacou a importancia desta colaboración polo compromiso humano e solidario demostrado por Termavi. A sinatura do convenio tivo lugar esta semana e representa un paso significativo na loita pola mellora das condicións de vida das persoas afectadas pola ELA.

Agradecemos profundamente a Termavi e ao grupo Davila por esta alianza e polo seu compromiso co benestar da nosa comunidade.

Colaboradores

Termavi