A Fundación San Rafael presentou o seu proxecto "Moviéndonos por ellos" á convocatoria solidaria da revista TELVA, acadando o primeiro premio nacional.
Este proxecto presentado pola Fundación San Rafael a favor dos enfermos galegos de ELA, consiste na creación dun banco de produtos de apoio para mellorar a calidade de vida proporcionando estes recursos.
O premio ascende a 18.000 € que irán destinados íntegramente á compra de camas articuladas, grúas de traslado entre outros produtos.
Este banco xestionarase a través de AGAELA que será quen solicite produtos á Fundación San Rafael para o seu préstamo e unha vez non sexan necesarios nese fogar devolveranse á Fundación onde se esterilizarán coas medidas hixiénico - sanitarias certificadas e volveránse a prestar a quen o precise.
Dende AGAELA estamos moi emocionados e agradecidos á Fundación San Rafael por esta noticia, xa que vai axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios e das súas familias e coidadores.
Esperamos que este proxecto tan necesario se poida poñer en marcha nos próximos meses, manteremosvos informados de todas as novidades!
Representantes de AGAELA, Fundación San Rafael e Fundación Luzón na entrega dos Premios Telva Soliedariedade 2022 (26/04/2022)