Mesa redonda NTT Data

Artigos Eventos Asociación

O pasado xoves 13 de xuño tivo lugar o I Foro Cátedra NTT Data: Diversidade e Tecnoloxía organizado por Quincemil.

Cátedra na que Agaela participou na mesa redonda grazas á nosa relatora, Cristina Martínez Silva. Levouse a cabo unha conversa na que trataron os eixes fundamentais como a atención centrada nas persoas, o talento, a inclusión e as vantaxes competitivas.

Conversa na que Cristina asegurou que ''aparecen barreiras físicas, emocionais ou económicas que fan que as empresas non visualicen á persoa como un talento potencial, senón que a asocien con incapacidade laboral''.

A tecnoloxía invadenos máis do que nos gustaría e está nun momento dual: pode axudar a reducir as desigualdades ou aumentar o risco de que estas aumenten. Agardemos que este foro sexa o primeiro de moitos!
 

Colaboradores

Termavi