O pasado venres 10 de xaneiro, as asociacións e entidades que formamos parte de ConELA, tivemos unha reunión coa ministra de Sanidade, Mónica García, e o ministro de Dereitos Sociais e Consumo, Pablo Bustinduy, na que nos presentaron un borrador dun Plan de despligue da Lei ELA co obxectivo de ofrecer unha folla de ruta que permita facer efectiva dunha vez por todas a Lei, aprobada por unanimidade o pasado mes de outubro.
O noso Director, Enrique Corral, xunto co coordinador, Francisco Díaz, desprazáronse at Madrid para acudir presencialmente a este encontro.
A nosa misión, nestes momentos, é a de revisar e valorar todas as medidas incluidas no plan para que, na vindeira reunión que se celebrará no mes de febreiro, poidamos chegar a un acordo.
Pero mentres tanto, reclamamos que se avance con axudas inmediatas para todas aquelas persoas que así o necesitan con urxencia. Insistimos na necesidade de avanzar para que todas as persoas con ELA teñan unha vida digna e que as súas familias conten coa axuda necesaria.
Para isto, estamos a elaborar, entre todas as entidades e asociacións de ConELA, un "plan de choque" co que poder identificar os casos e abordardalos mediante unha vía rápida.
Precisamos dotar de tódolos recursos necesarios á Lei ELA para poñela en marcha ¡xa!