O vindeiro 3 de xaneiro de 2015, Agaela, coa colaboración do Clube Natación Liceo, organiza a IV Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA.
As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).
Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes.
Todo o recadado nesta travesía será doado a Agaela.
Toda a información sobre o evento podes consultala aquí: http://agaela.es/iv-travesia-solidaria-a-favor-da-ela/
¿Anímaste a participar?