O próximo día 21 de Xuño é o Día Mundial da ELA, por iso, todas as asociacións de pacientes de ELA de España estamos traballando para conseguir iluminar os monumentos, concellos e lugares emblemáticos de todo o territorio nacional de cor verde. O obxectivo da nosa acción é visibilizar a ELA, enfermidade neurodexenerativa que afecta actualmente a 4.000 persoas en España. A continuación vos deixamos os puntos de Galicia que se iluminarán de cor verde o próximo 21 de Xuño polo Día Mundial da ELA:
- Deputación da Coruña
- Deputación de Pontevedra
- A Coruña - Torre de Hércules e Fonte de Catro Camiños
- Santiago de Compostela - Pazo de Raxoi e Cidade da Cultura de Galicia
- Cambre - Fonte do Paraugas e Iglesia de Santa María
- Cangas - Casa do Concello e Frigoríficos Morrazo S.A.
- Monforte de Lemos - Torre del Homenaje
- Concello de O Barco de Valdeorras
- Concello Ferrol
- Concello de Muros
- Concello de Fabero
- Concello de Pontevedra
- Ourense - Ponte Romana
- Vigo - Fuentes de Aragón