II Foro ACEM

Artigos Asociación

O pasado xoves 28 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela o II Foro ACEM, un evento marcado pola aprendizaxe, a reflexión e o intercambio de experiencias arredor das enfermidades neurodexenerativas.

Desde Agaela queremos expresar o noso agradecemento a ACEM Santiago pola excelente organización e a todas as persoas que participaron, tanto asistentes como relatoras.

Sentímonos especialmente orgullosas da nosa representación na mesa redonda, onde Cristina Martínez e Susi Seoane achegaron unha valiosa perspectiva sobre o impacto da ELA, destacando o compromiso e a esperanza que nos impulsan cada día.

Seguimos avanzando xuntas nesta causa compartida.

Colaboradores

Termavi