II Feira da Saúde e Sociedade da UDC

Artigos Eventos Asociación

Hoxe tivemos a oportunidade de participar na II Feira da Saúde e Sociedade da Universidade da Coruña, organizada pola Universidade da Coruña a través do seu programa UDC Saudable.

Foi unha xornada chea de encontros, aprendizaxe e intercambio, na que puidemos achegar a realidade da ELA a todas as persoas asistentes, dando a coñecer o traballo que realizamos desde AGAELA e reforzando a importancia da concienciación social arredor desta enfermidade.

Ao longo do día, compartimos espazo con outras entidades e profesionais do ámbito sanitario e social, nun entorno que favoreceu o diálogo, a colaboración e a reflexión sobre os retos actuais en materia de saúde, coidado e acompañamento.

Dende AGAELA queremos agradecer sinceramente á organización por contar connosco e facernos partícipes desta iniciativa, así como a todas as persoas que se achegaron ao noso espazo para informarse, preguntar e interesarse pola realidade das persoas con ELA e das súas familias.

Cada conversa, cada achega e cada pregunta suma na construción dunha sociedade máis informada, máis consciente e máis solidaria.

Grazas por seguir camiñando ó noso carón. 

Colaboradores