O próximo 29 de outubro terá lugar no Auditorio de Ferrol unha gala benéfica impulsada pola nosa usuaria, afectada de ELA, Teresa Rodríguez, e a súa familia e amigos.
Poderedes disfrutar das actuacións de diferentes artistas ferroláns.
Donativo 10 €Se non podes asisitir podes colaborar a través da:
FILA CERO: ES15 2100 5981 0502 0003 9089 (CaixaBank) ou facendo un donativo desde BIZUM co código 03228 Podes solicitar a túa invitación de dúas maneiras:
1. Recollela no Teatro Jofre (Praza de Galicia, s/n, 15401 Ferrol, A Coruña).
- De martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas.
- Sábados, domingos e días de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.
- Cando a función sexa no Auditorio, abrirá de mañá no Teatro Jofre de 11.00 a 13.00 e de tarde no Auditorio, dende dúas horas e media antes do inicio da mesma
2. A través do seguinte formulario, para que as reservemos desde AGAELA e volas entreguemos o mesmo día do evento no Auditorio de Ferrol.
❗❗❗ Acompáñanos a desfrutar dunha agradable xornada e solicita xa A TÚA INVITACIÓN ❗❗❗
Solicitar invitación