Gala benéfica a favor de AGAELA en Lalín

Artigos Eventos Asociación

O vindeiro 13 de decembro ás 20:30h, o Salón Teatro de Lalín será o escenario dunha Gala Benéfica a favor de AGAELA. O evento está organizado polo Centro Deportivo Wellness Alba Iglesias, que impulsa esta iniciativa solidaria coa finalidade de dar visibilidade á ELA e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias.

A gala contará con actuacións variadas, música e momentos dedicados á sensibilización, converténdose nun espazo de encontro para a cidadanía. O equipo de Kung Tai de Lalín e o Concello de Lalín colaboran activamente na organización, reforzando o compromiso local coa causa.

A asistencia á gala é totalmente gratuíta, mais será necesario dispor dunha invitación, que pode recollerse desde hoxe no Centro Wellness Alga Iglesias.

A gala benéfica conta co apoio de numerosos establecementos e empresas da comarca que decidiron sumar a súa forza a esta causa: Multiópticas Lalín, Clínica Deza, Climatalia e Restaurante Fogar de Breogán entre moitos outros comercios que contribúen a que este evento sexa unha realidade.

Dende AGAELA facemos un chamamento á cidadanía para demostrar, unha vez máis, que Lalín é unha vila solidaria e comprometida. Cada persoa que asista estará sumando a súa voz á nosa causa axudándonos a seguir avanzando, a dar máis visibililidade á ELA e a fortalecer a rede de apoio que tantas familias precisan. 

E se non podes asistir á Gala ou simplemente queres colaborar achegando o teu gran de area, podes facelo a través da seguinte plataforma coa nosa Fila 0. A túa contribución, sexa cal sexa o importe, axúdanos a seguira apoiando e acompañando ás persoas con ELA e ás súas familias para mellorar a súa calidade de vida. 

Grazas a todas as persoas, establecementos e entidades que facedes posible este evento. Grazas por camiñar ao noso carón. ¡Agardámosvos a todas e todos o 13 de decembro en Lalín!

Colaboradores