A Asociación ELA Andalucía está regalando xa, ás Unidades Interdisciplinares hospitalarias de ELA en Andalucía, Gafas con Punteiro Láser para a comunicación con pacientes con ELA que non poden falar nin escribir. O obxectivo é dar voz e autonomía ao propio paciente, que sexa él quen responda ás preguntas do especialista, xa sexa Dixestivo, Respiratorio, Enfermería ou de calquera outra especialidade. O funcionamento é simple e moi efectivo. Na consulta pódense poñer na parede 2 ou 3 folios a modo de póster co xogo de letras, números, signos e algunhas palabras clave; o paciente só ten que ir sinalando a súa resposta, podendo elixir os signos, palabras ou pictogramas. Para iso, tócalle ao especialista de cada disciplina, elaborar un sinxelo panel de respostas máis comúns na súa especialidade, ou coas letras do abecedario. As gafas fabrícaas unha filla dun afectado de ELA, que as vende á asociación ELA Andalucía, costan 45€ máis os gastos de envío. O seu contacto é María José, o email: mjosupal@gmail.com por se alguén as quere solicitar e non ten vínculo coa entidade de referencia en Andalucía.
Fonte da información: ELA Andalucía (www.elaandalucia.es)