Festival de la Luz 2024

Artigos Eventos Asociación

Festival de la Luz 2024

Entrada solidaria destinada a Agaela

O Festival da Luz prepárase para vivir unha nova edición para todos os públicos, este 23, 24 e 25 de agosto en Boimorto (A Coruña). A última fin de semana antes de a volta ao traballo para moitos, o festival quere producir o encontro interxeracional con familia e/ou amigos para gozar dunha cita única nunha contorna rural que o converte nun festival imprescindible.

Este evento, nace coa particularidade de celebrar un evento multitudinario leira natal de Luz Casal no rural galego, propón ser máis que un encontro musical e aposta por incluír na programación outras disciplinas artísticas como teatro ou circo e encher o recinto de experiencias con actuacións infantís, zona gastronómica, espazo de mercado, artesanía e iniciativas locais, unha carreira popular pola contorna natural da zona… Algúns dos artistas confirmados son: Orquesta Mondragón, Mago de Oz, El Kanka, Obús, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Ortiga, COOLNENAS, Marlena, Maximiliano Calvo y Satélite Salitre... e ainda quedan máis por confirmar!

Entradas

  • Abono 3 días: 20€
  • Entrada 1 día: 15€

 

Festival de la Luz

Entradas

 

 «Sempre crin que aqueles que tivemos sorte na vida temos a obrigación de achegar algo ao mundo, de axudar aos demais»

- Luz Casal

Animámoste a que asistas a este gran evento e así poderás colaborar en favor das persoas afectadas pola ELA.

Colaboradores

Termavi