♿ Turismo e ocio accesible

Asociación
Sabemos que nestes momentos que estamos a vivir, os desprazamentos ou actividades de lecer están bastante restrinxidas. A pesar de iso, queremos que teñades a man esta información que nos parece moi interesante sobre ocio e turismo accesible.

Existen dúas páxinas web que amosan diferentes características de relevancia no momento de facer unha viaxe, como por exemplo, a accesibilidade das cidades, dos establecementos e dos recursos turísticos (museos, restaurantes...) así como a oportunidade de poder planificalos con antelación.

TURISMO GALICIA é un recurso focalizado no ámbito galego no que ti podes marcar os criterios de busca para atopar os recursos que mellor se adapten ás túas necesidades. 
Neste poderás consultar as características de accesibilidade de aloxamentos, museos, deportes, feiras..
 
EQUALITAS VITAE é de carácter nacional no que aparece a información sobre turismo e ocio adaptado-accesible na cidade que queiras.

Neste recurso tamén poderás encontrar opinións e críticas de persoas que xa realizaron viaxes nacionais ou internacionais, de maneira que poderás coñecer as súas perspectivas sobre a cidade, os factores de accesibilidade, os aloxamentos...

Colaboradores

Termavi