Dixitalización para a xestión do Banco de Produtos de Apoio de AGAELA en Culleredo

Asociación

Gracias á colaboración do Concello de Culleredo podemos desenvolver unha plataforma dixital de xestión a medida coa que administrar o inventario, préstamos, devolucións e lista de espera dos produtos que conforman o banco.

O servizo do Banco de Produtos de Apoio de AGAELA permite achegar a usuarios da entidade, en concepto de préstamo gratuito, produtos como camas articuladas, grúas de traslado, cadeiras de ducha, entre moitos outros productos. A importancia deste servizo radica en que as persoas afectadas de ELA precisan destes produtos de apoio para permitir o desenvolvemento das actividades da vida diaria.

Á súa vez, este Banco de Produtos de Apoio é un servizo dirixido aos veciños de Culleredo en situación de dependencia que nalgún momento poidan precisar dalgún dos produtos dispoñibles.

Desde a posta en marcha do servizo, máis de 100 familias de Culleredo se beneficiaron do préstamo gratuito dalgún produto de apoio do Banco de Préstamo da Asociación AGAELA. O servizo amosou un incremento interanual dos préstamos realizados desde o 2018 ata o 2021 dun 65,7%.

Colaboradores

Termavi