Convenio de colaboración con AODEM

Asociación

AODEM é a Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple, ELA, Parkinson e outras Enfermidades Neurodexenerativas.

A partir de setembro de 2020, tras a sinatura dun convenio de colaboración con dita entidade, os socios de AGAELA residentes en Ourense poderán recibir atención de ambas entidades e beneficiarse dos servizos proporcionados por AODEM soamente aboando a cota de socio desta última asociación.

Entre os servizos que ofrece AODEM destacan:

  • Intervención Psicolóxica
  • Traballo social
  • Fisioterapia
  • Talleres específicos de fisioterapia
  • Grupo de Axuda Mutua
  • Ocio e tempo libre adaptado
  • Outros programas de colaboración externa: Logopedia, Banco de Productos de Apoio e Transporte Adaptado

Máis información na súa páxina web: AODEM

Contacta connosco se é o teu caso, para beneficiarte e acceder aos seus servizos.

Colaboradores

Termavi