A Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica - AgaELA, comprometida coa loita contra a ELA, participará no percorrido do Camiño de Santiago organizado por CompostELA, que se celebrará do 3 ao 10 de setembro de 2025.

Este 2025, a loita contra a Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) da un paso adiante cunha iniciativa cargada de esperanza e solidariedade: do 3 ao 10 de setembro, un inspirador grupo de máis de 80 persoas – entre afectadas, coidadoras e voluntarias – percorrerá o emblemático Camiño de Santiago. Esta iniciativa, organizada por CompostELA, celebra xa a súa quinta edición e pretende transformar cada paso nun acto de visibilidade e compromiso social.
O grupo está composto por 20 persoas con diversidade funcional, das cales 10 padecen ELA e as restantes presentan outras patoloxías. Xunto a elas, máis de 60 persoas coidadoras e voluntarias acompañarán a peregrinación, consolidando un exemplo de inclusión, solidariedade e forza colectiva.
Cada etapa do Camiño convértese, deste xeito, nun manifesto en busca de concienciar e visibilizar a realidade da ELA e situala na axenda social e mediática; crear un espazo inclusivo onde a diversidade e a loita conxunta sexan motor de cambio e demostrar que, a través da unión e a solidaridade, é posible facer fronte á adversidade.
A asociación AgaELA estará presente coa participación da súa vicepresidenta, Susi Seoane, que realizará un ano máis esta peregrinación. A súa chegada á Praza do Obradoiro, o 10 de setembro, será un dos momentos máis emotivos, onde se sumará ao grupo na etapa final do Camiño.
Ademais, o 8 de setembro pola tarde, membros da asociación desprazaranse ata Palas de Reis para render un sentido homenaxe a Rosa, afectada pola ELA e moi querida pola asociación, reafirmando unha vez máis o seu apoio a todas as persoas que conviven con esta enfermidade.
A través desta participación, AgaELA quere destacar o papel da solidariedade e da visibilidade na loita contra a ELA, e demostrar que a unión de persoas afectadas, coidadoras e voluntarias pode transformar a adversidade en esperanza.
O Camiño de Santiago, recoñecido mundialmente polo seu simbolismo de esforzo e unidade, é o escenario perfecto para esta causa. Cada kilómetro recorrido será un recordatorio da forza da comunidade e de como, xuntos, podemos chegar más lonxe. Cada paso conta na loita contra a ELA e, sen dúbida, a solidariedade e a visibilidade son ferramentas esenciais para mellorar a vida de quen a padece. A historia de CompostELA é, ao final, unha historia de loita, solidaridade e esperanza compartida, co firme propósito de avanzar hacia un futuro mellor para quenes conviven con esta enfermidade.




























