Cangas moveuse pola ELA

Artigos Eventos Asociación

Un domingo de esperanza e forza compartida en Cangas: grazas por sumar na loita contra a ELA.

Hoxe vivimos unha xornada inesquecible, cargada de emoción, solidariedade e compromiso. A décima edición de Cangas Móvese pola ELA reuniu a centos de persoas dispostas a sumar pasos, brazadas e apoio para dar visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica e apoiar ás persoas que conviven con esta enfermidade.

Deporte, vida e compromiso
Ao longo da mañá, os participantes puideron elixir entre andaina, carreira e natación, demostrando que cada kilómetro conta cando se trata de loitar por unha causa xusta. Ademais, houbo rifas, sorteos, agasallos e moitas sorpresas que fixeron do evento unha verdadeira xornada de solidariedade.

Foi unha xornada aberta, familiar e chea de enerxía positiva, onde pequenos e maiores compartiron esforzo e ilusión cun obxectivo común: sumar pola ELA.

Grazas a quen fixo posible esta xornada
Este evento non sería posible sen a colaboración e implicación de moitas persoas, institucións, empresas e colectivos. Dende AgaELA queremos dar as grazas máis sinceras a todas e todos os que vos implicastes dunha maneira ou doutra.

Un agradecemento especial para quenes colaboraron coa organización desta xornada: 

  • Protección Civil de Cangas
  • Clube Peña Ciclista Bike ou Non Vai
  • Clube de Atletismo Vila de Cangas
  • Oficina de Voluntariado de Cangas
  • Supermercados Froiz 
  • Vegalsa-Eroski 
  • ASAMPO – Asociación de Amigos da Pontevedrada
  • Real Clube Náutico de Rodeira
  • Clube de Atletismo Morrazo, Cangas
  • ASPOM – Asociación de Socorristas Profesionais do Morrazo
  • Gamela de papel

E para os establecementos que doaron agasallos para o sorteo:

  • Hotel e Spa Bienestar Moaña
  • Grupo San Martín
  • Peluquería Salón de Belleza Tere Riobó
  • Salón de Belleza Ana Miranda
  • Hotel e Apartamentos Rodeiramar
  • El tocador de Lu
  • Entre Flores
  • Hotel Playa 
  • Global Concept
  • Pescados y mariscos Morocha
  • Carnicería Roberto
  • Abrente Second Life PCS
  • Salón de Belleza Mimmá 
  • Flores y plantas Mimo C.B
  • Restaurante Doade
  • Mercería Acerico
  • Pescadería Luci-Lucinda
  • Carnicería Morandeira Hermanas
  • Tapería O Pelao
  • Librería A Esmorga
  • Churros Montes
  • La Jaima de Rodeira

Aos representantes institucionais que nos acompañaron: 

  • Araceli Gestido Rodríguez, alcaldesa de Cangas do Morrazo.
  • Dani Costas, tenente alcalde de Moaña.
  • Rubén Viéitez, concelleiro de Deportes de Moaña.
  • Sandra Bastos, deputada de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Pontevedra.
  • Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

E unha mención moi especial e chea de afecto para as persoas afectadas pola ELA e as súas familias que nos acompañaron nesta xornada: Óscar, Josefa, Antonio, Olga, Blas e María. A vosa forza, o voso exemplo e a vosa presenza foron o corazón do evento. Sodes o verdadeiro motor que nos impulsa a seguir organizando, movilizando, visibilizando e loitando cada día.

Seguimos loitando, seguimos sumando
Desde a nosa asociación seguiremos traballando día a día para dar visibilidade á ELA, apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias, e promover iniciativas que nos unan como comunidade.

Agradecémosvos cada paso, cada axuda, cada palabra e cada presenza. Todo conta. E con todo isto, seguimos máis fortes ca nunca.

Grazas por estar. Grazas por crer. Grazas por sumar.

Colaboradores